O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo martes, 14 de maio, o Premio Mimi que recaeu nesta quinta edición na
rapeira viguesa AÍD. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega.
A candidatura de AÍD foi proposta polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticaa do IES de Barro e impúxose ás outras catro recadadas polo alumnado de 5º curso de Primaria despois de remitir as bases do concurso a institucións,
organismos e asociación.
As restantes candidaturas foron as de Agustín Fernández Paz, proposto pola Universidade de Vigo; Fina Casalderrey, polo Obradoiro Río Umia; Ángel Alfonso Piñeiro, polo blogue Novas de Barro; e o programa da TVG2 “Os axóuxeres”, pola Real
Academia Galega.
O premio consiste nunha talla en madeira de Mimi, a mascota do colexio, realizada polo artista local Francisco Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón.
O acto será ás 12 horas na Biblioteca Municipal de Barro.
A canción “Apréndeo” de AÍD está arrasando no colexio. Os chicos e as chicas de 5º “rapéana” que da gusto. O próximo martes acompañarán á cantante no escenario. Vai ser guay…