Concurso de relato curto e poesía “Letras Novas”

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a localidade conxunta de Galiza Nova Barro-Caldas-GN Moraña-Portas, organiza o primeiro concurso de relato curto e poesía “Letras Novas” co fin de promover a expresión escrita e o noso idioma.

As obras terán unha temática libre, en galego. A poesía terá unha extensión máxima de 50 versos e o relato curto terá entre 1500 e 2000 palabras.
Cada participante poderá apresentar como máximo UN traballo en cada modalidade, o cal deberá ser orixinal e inédito.

As composicións pódense entregar en man ao profesorado de galego dos centros publicos de Barro, Moraña, Portas e Caldas de Reis, ou
pódense entregar vía e-mail (gnbarrocaldasmoranha@hotmail.com) en formato PDF indicando nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto, así como tamén, se o tiver, o título da obra. Os datos persoais en ningún caso serán entregados ao xurado.

Dividido en dúas categorías por idade:
– Modalidade xuvenil: até 18 anos
– Modalidade adulta: a partir de 18 anos

O xurado estará composto por profesorado dos centros educativos de Portas, Moraña, Barro e Caldas de Reis. O límite de entrega será o día 10 de maio.
O nome das persoas premiadas daranse a coñecer nun acto público o vindeiro 18 de Maio no auditorio de Caldas de Reis. (A hora do evento debe ser consultada no blogue abaixo citado)

Podes solicitar mais información no: gnbarrocaldasmoranha@hotmail.com e
consultar as bases do concurso en: www.gnpontevedra.blogaliza.org

Cartaz letras novas jpg

Deixar un comentario