MOCIÓN Ó PLENO DA CORPORACIÓN Ó PLENO DO CONCELLO
DE BARRO.
José Sanmartín Soto e Margarita Canai Pintos integrantes do Grupo Municipal Socialista no concello de Barro, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN
Exposición de motivos:
Por mor da realización das alegacións contra o proxecto da A-57 no seu tramo que discurre polo concello de Barro. A opción que o Ministerio de Fomento consideraba mais viable e que as forzas políticas e sociais deste concello a consideramos unha verdadeira sangria a parroquia de Curro. Dende o PSdG de Barro vemos unha excelente oportunidade para retomar unha vella promesa que se fixo en varias campañas electorais. Esta facía referencia a peaxe do tramo da AP-9 entre Curro e Pontevedra se suprimira. Sabemos das dificultades económicas que están a sufrir as arcas públicas. Pero este Ministerio é un dos que aínda así esta facendo inversións. Por eso solicitamos un esforzo con toda esta comarca e a sua zona de influencia que afecta a moitisima poboación e tamén serviría de relanzamento do Poligono industrial.
Por todo iso, o Grupo Socialista do Concello de Barro presenta para a súa aprobación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:
1º.- Solicitar ó Ministerio de Fomento a negociación para a supresión da peaxe dunha forma definitiva ou mesmo temporal ata que se abra a A-57
En Barro, a oito .de abril de 2013
Asinado: José Sanmartín Soto