Primeiros pasos da conexión da A-57 coa autoestrada en Curro

la voz

A conexión da futura A-57 coa autoestrada polo macronudo de Curro comezamacronudo a ser unha realidade tras máis de dúas décadas de tiras e afrouxas no trazado. Polo momento, o Ministerio de Fomento anunciou onte que o estudo informativo referido a esta ligazón xa está aprobado.

Trátase dun trámite moi agardado, xa que supón, de feito, un impulso a esta infraestrutura. Segundo reflexa o Boletín Oficial do Estado, os técnicos decantáronse por un tramo de pouco máis de dez quilómetros de lonxitude que empezaría no lugar de Pilarteiros, núcleo situado á saída de Pontevedra na estrada de Campo Lameiro, e concluiría no nó de Curro ( Barro).

Trinta días de exposición

As fontes consultadas apuntaron que o estudo informativo estará dispoñible a partir desta semana, e durante trinta días, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Pontevedra , Barro e Meis, así como en dependencias da Unidade de Estradas do Estado de Pontevedra e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, cuxa sede se sitúa na Coruña. O obxectivo é que as persoas interesadas poidan trasladar a Fomento «as alegacións e observacións que estimen oportunas en relación» ao documento.

En canto ao custo desta infraestrutura, estímase que pode superar finalmente os cen millóns, tendo en conta que 80,6 correspóndense ao orzamento de licitación; 16,9 ao IVE; e o resto correspondería a expropiacións e asistencias técnicas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s