|
A Tenda dá Ponte mostra unha selección das obras expostas no local durante os últimos meses baixo o título ?Expresión Combinada?. Poderá visitarse en decembro e xaneiro
CUNTIS. Expresión combinada é o título da exposición colectiva que pode verse no local A Tenda dá Ponche (rúa Sagasta, Cuntis) durante os meses de decembro e xaneiro. Está formada polas obras de sete artistas da provincia de Pontevedra que xa mostraron as súas pezas no local durante os últimos meses.
O pintor de Barro Sergio Ribeiro mostra a súa obra “Olharte” mentres que Víctor Corcoba, de Pontevedra, expón os cadros da colección “Ao natural”.
A caldense Marisé Canda achega varias pezas da súa obra “Só palabras”, que xa puido verse no mes de agosto. Charo Parga, de Moraña, mostra o seu “Arte co gancho”, mentres que a pintora de Catoira María Casal, que protagonizou a mostra de setembro, repite cos cadros de “Actitude interior”. A viguesa Gely Alonso trasladou desde Vigo as súas “Soños de cor” e, finalmente, o estradense Miguel Docampo presentou en novembro os seus retratos e gravados, algúns dos cales permanecerán ata finais de xaneiro.
Os propietarios do local agradecen a colaboración dos artistas e anuncian que continuarán nesta liña o próximo ano ademais doutras actividades. O horario de apertura é de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.

|