Os datos de paro feitos públicos polo Ministerio de Emprego, o chamado paro rexistrado, volven arroxar luz sobre o alcance do drama que viven as persoas sen traballo.
A reforma laboral non logra facer repuntar a firma de contratos, que volve caer en novembro respecto ao mesmo mes do ano pasado, cunha porcentaxe mínima de indefinidos respecto da gran maioría de temporais.

