O centro, ademais, adoece de certos problemas de accesibilidade, dado que a entrada principal está composta por unha longa escalinata de acceso.
Segundo os datos que hai actualmente na web do centro, 180 alumnos de Infantil e Primaria reciben clases nesta instalación, que conta cun corpo docente de 20 mestres.
O alcalde solicitou saber a opinión da oposición e os dous grupos manifestáronlle que estarán dispostos a apoiar a idea, aínda que, de momento, o alcalde non desvelou onde ten previsto implantar o novo colexio. O centro necesitará unha parcela de 20.000 metros, polo menos, segundo manifestouse na sesión.
Tamén se aprobou parcialmente a moción do BNG sobre o uso dos locais sociais, para que exista certo rigor na concesión dos mesmos e todas as asociacións poidan solicitalo. O PSOE, pola súa banda, pediu ao PP que se situase contra a supresión da axuda estatal á Teleasistencia e os edís ?populares? respondéronlle que a Deputación xa asumira ese custo.

