A cara máis atrevida do CD Portas

O municipio de Portas segue coidando con esmero o traballo de base. A estrutura de base do CD Portas esténdese a todas as categorías. A estas alturas de campaña unha das formacións que máis destaca é o bloque alevín de fútbol 8 que dirixe Liño Diz Pérez. É unha xeración que oscila entre os dez e once anos, e que esta tempada saíu na Segunda Autonómica, a pesar de que tiña dereito a xogar na Primeira Autonómica. O técnico asegura que «decidimos non apostar por ese ascenso, e en definitiva non xogar en superior categoría, porque simplemente non buscamos nin resultados nin presumir de categoría. Queremos que os nenos gocen xogando e non vemos necesario xogar nesa división».
Liño Diz xa ten sobrada experiencia en adestrar á base (pasou por infantís ou benjamines) e a estas idades cre fundamenta «ensinar ao neno sempre co balón. É fundamental para que o rapaz é enriqueza continuamente. Sempre foi a miña lema». É máis o técnico é fiel á filosofía que impera en técnicos destas categorías nas que «o do resultado é o de menos; non ten nada que importar se ganas ou perdes; ao neno intentamos convencerlle doutros principios como actitude sobre o campo, aprender e non buscar resultados».
No entanto, Liño Diz é amante do fútbol ofensivo. Por iso é polo que sempre aposta por un esquema ofensivo á hora de situar aos rapaces sobre o terreo de xogo: «O meu sistema preferido e o que case sempre impoño é o do 1-1-42, porque considero fundamental que o neno teña liberdade para facer xogadas, sen perder a perspectivas de poder defender».A formación alevín de fútbol 8 do Portas ocupa actualmente a cuarta posición do grupo 63 da Segunda Autonómica sumando 18 puntos en 8 xornadas, mercé a seis triunfos e dúas derrotas. Xa leva corenta goles a favor por 17 en contra; o terceiro equipo máis goleador da categoría.
Experimentado míster
É un dos adestradores con máis carisma á hora de adestrar á base na esfera de influencia de Portas e Barro. Leva case unha década adestrando aos equipos de base de ambos os municipios pontevedreses. Liño Diz Pérez cumpriu un ciclo de cinco tempadas nas Escolas Deportiva de Barro e agora está sendo un dos principais impulsores do traballo de base no Club Deportivo Portas.

Deixar un comentario