O espacio natural da Barosa (Barro) acolleu onte pola tarde un magosto no que, ademais de castañas asadas, no faltou a música en directo, a cargo de Jhonny Güimil, os Coribantes de Buchabade e o grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. Nenos e maiores gozaron da tarde grazas a esta actividade.

