Segundo as estatísticas ofrecidas polo INE a 1/9/2012 había censados no
estranxeiro 725 emigrantes de orixe ou residencia no concello de Barro.
O Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) contén a inscrición dos españois residentes no estranxeiro que reúnen os requisitos para ser elector. Estar inscrito no devandito censo permite exercer o dereito de voto nas eleccións xerais, autonómicas, municipais e ao Parlamento Europeo.
Os españois que residen no estranxeiro deben estar inscritos no Rexistro de Matrícula de Españois do Consulado Xeral que corresponda de acordo ao seu domicilio e á súa vez a inscrición noC.E.R.A. é obrigatoria para todo nacional inscrito como residente nese rexistro.
