Sete meses de cárcere por agredir a súa irmá cunha vara

Un veciño de Barro condeado por un delito de maltrato a sete meses e quince días de presión, dous anos de prohibición para o porte de armas, así como outro ano, sete meses e quince días pola prohibición expresa de manter contacto coa vítima, a súa irmá.
Á hora de impoñer estas penas, o titular do Xulgado do Penal número catro de Pontevedra tivo en conta a existencia dun atenuante por embriaguez.
Considera acreditado que o 21 de Xullo do 2011, o agora condenado se encontraba coa vítima no domicilio familiar de Barro, nun momento dado, “sen causa aparente e guiado polo ánimo de menoscabar a integridade física desta, golpéou cunha vara no colo causándolle dor cervical.
Na sentenza non só matízase que o acusado “encontrabase afectado pola previa inxestión de bebidas alcohólicas”, senón que se precisa que non consta que a súa irmá precisase tratamento para a súa sanidade. E que a muller se negou ” a ser recoñecida polo médico forense”.

Deixar un comentario