Rouban o bote da voda a uns recen casados de Barro

A dita duns recen casados de Barro terminou sepultada nun pozo  cando comprobaron que o diñeiro en efectivo que lles regalaron os invitados á cerimonia voaran. En total, foron roubados uns cinco mil euros que os asistentes ao convite fóronlles entregando, como adoita ser nestes casos, no interior de sobres.

Ocorreu o pasado agosto, pero non transcendeu ata que o principal sospeitoso non foi arrestado pola Garda Civil de Caldas de Reis. Este veciño de Santo Tomé de Nogueira, no municipio de Meis, compareceu ante o xuíz que instrúe esta causa cunha imputación de roubo con forza debaixo do brazo.

Os investigadores estiman que esta persoa foi a mesma que, entre o 11 e o 12 de agosto, entrou pola forza nunha vivenda de Curro , en Barro. Ao parecer, o ladrón violentou unha das fiestras da casa.

Ademais do diñeiro, conseguiu facerse con colares, pulseiras e xoias, cuxo valor non transcendeu. As fontes consultadas aludiron a que, aparentemente, tivo tempo para rexistrar as distintas dependencias do domicilio, o que lle permitiu localizar os distintos sobres nos que a feliz parella gardaba o bote da voda.

Así mesmo, estas fontes non puideron precisar se os ladróns causaron outros danos no inmoble que non fose a fiestra forzada.

Vinte e catro horas despois de producirse a subtracción interpúxose a denuncia. Comezou entón unha investigación que, menos dun mes despois do roubo, frutificou na identificación e arresto dun sospeitoso, quen responde ás iniciais I.C.T.

Ao parecer, na súa identificación foron cruciais as probas que se solicitaron polos expertos da Garda Civil no mesmo escenario do suceso. En todo caso, as fontes consultadas non descartan que poida haber outras persoas implicadas.

Así mesmo, tampouco transcendeu se o veciño de Meis detido foi un dos invitados á voda ou se, pola contra, chegou a este botín de casualidade, aproveitando que non había ninguén na vivenda cando accedeu pola forza ao seu interior.

En calquera caso, se os cinco mil euros foron un agasallo para os recentemente casados, I.C.T., ao cabo, tamén tivo o seu. Non en balde, quedou en liberdade con cargos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s