A ACD TENIS “AS BALADAS” DE BARRO ABRE A ADMISIÓN DE SOCIOS E COMUNICA CUOTAS DE SOCIO

§         A Xunta Directiva está traballando nun proxecto de longo prazo para o deporte de Barro.

§         Realizáronse propostas varias sobre as cuotas de socio e a apertura das socilitudes de admisión.

§         O fomento do deporte e o caracter non lucrativo da asociación achegará o tenis aos socios e veciños de Barro por cantidades que se estiman que non superarán os 30€/ano.

§         Estase probando un software de xestión de pista, horarios e servicios. 

Barro (Pontevedra), 25 de xullo de 2012.- Despois da primeira xuntanza da directiva da “ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO”,  estanse conformando as bases do que será un proxecto a longo prazo para o deporte de Barro e máis en concreto para o tenis.


Dende a data de presentación aos medios e cun marcado e decidido paso, xa están establecidas as directrices principais do que será a actividade da asociación e a labor social, cultural e deportiva que prestará aos veciños de Barro.

Para a área social estableceranse canles de traballo coas ANPAS do CEIP Amor Ruibal e do IES de Barro para acadar que o tenis poida ser unha actividade extraescolar, e chegar co deporte e co tenis aos rapaces e rapazas de Barro.

Dentro da área cultural preténdesen organizar charlas e seminarios sobre o deporte e os seus beneficios para a saude.

Xa na área deportiva, hai iniciados contactos para facer en Barro campeonatos con outros clubes ou asociacións da comarca e provincia, que ademáis atraerán visitantes e turistas ao noso concello.

Como actividade inaugural, haberá un partido de tenis con varios deportistas de alto nivel e de recoñecido prestixio que poñeran o nome de Barro en portadas de periódicos. A complexidade de atopar unha data para isto está retrasando máis do que nós desexásemos dita actividade, pero merecerá a pena, e polo momento non podemos facilitar máis datos.

Por outra banda, tratáronse tamén as cuotas de socio á asociación e a disfrutar das ventaxas de estar na ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO”para disfrutar do tenis no noso concello.

Despois de estudar varias opcións, por cuestión de inversións iniciais a realizar por parte da asociación ou dos donativos dos socios protectores, a asociación como entidade sen ánimo de lucro despois de varias deliberacións acordou:

Socios fundadores e de número: 30€/ano.  A cuota familiar suporá un incremento de 5€/ano por socio adicional.

Para os menores de 18 anos que queiran ser socios a cuota será de 10€/ano.

Para socios que non sexan veciños de Barro, todas as cuotas terán un incremento de 10€/ano en calquera das anteriormente citadas.

Tamén se acordaron os honorarios do mestre de tenis que quedan da seguinte maneira:

20€/mes por 1 hora e 15 minutos á semana.
30€/mes por 2 horas e 15 minutos á semana.

Como se pode comprobar non existe afán recaudatario nin lucrativo, xa que ademáis esta asociación busca continuar coa afición e disfrute do tenis no noso concello. Poder xogar ao tenis por 2,5€/mes deixa claras as pretensións da asociación e a súa responsabilidade social.

Outra das xestións que agora mesmo se están a facer é probar un software de xestión de pistas e horarios, que permitirá “on line” reservar pista, e nun futuro non moi lonxano (por cuestións económicas non se fai inicialmente) agardamos que ademais asociado ó mesmo sistema, permita tamén o acceso á pista mediante unha tarxeta magnética.

Dende ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO” tamén queremos por de manifesto o noso caracter social e o noso compromiso cos veciñ@s de Barro sen exclusións, a nosa voluntariedade por fomentar o deporte, e a nosa repulsa a calquera utilización política do tenis, xa que claramente, a asociación declárase apolítica no máximo valor de dita palabra.

Sen outra, reciban os nosos saúdos, e o agradecemento pola difusión desta nova.

Asdo.

ACD Tenis “As Baladas” de Barro.

tenisasbaladas@gmail.com

One thought on “A ACD TENIS “AS BALADAS” DE BARRO ABRE A ADMISIÓN DE SOCIOS E COMUNICA CUOTAS DE SOCIO

Deixa unha resposta a metak Cancelar a resposta