O parque infantil de San Antoniño presenta un estado lamentable

O parque infantil de San Antoniño presenta nas últimas semanas un estado lamentable (despois da millonada que custou), á praga de pulgas que houbo hai uns días, súmase a falta de limpeza.

O devandito parque leva varias semanas en que os servizos deste concello non fan ningún tipo de mantemento (e por falla de persoal, non será. Entre as tarefas que deberían realizar, por exemplo, poderían pasarlle un escobón para sacarlle as numerosas pedriñas, as cabichas, papeis e mesmo se pode observar, unhas bragas.
A maioría da porcallada acumúlase da famosa feira que se celebra os domingos, e da cal non pagan un euro ao concello, que despois de tantos anos segue xerando suculentos beneficios para o seu promotor.
No parque infantil podemos ver que no chan, que custou tantos miles de euros, se están producindo buracos, non sabemos se pola calidade do material, maila que nolo cobraron por bo. Asómesmo, no parque continuo, o chamado biosaúdable, os aparellos chorrean óxido, a uns 5 m do parque infantil, arboriñas a carón dos bancos que ninguén usa, e na zona infantil segue sen colocalos, os sumidoiros sen ningún tipo de tapa constitúen un risco para os nosos cativos, etc.

En resumo, unha pena, que mentres estes gobernantes nos soben todos os impostos, habidos e por haber, eles non fagan o seu traballo.

PD. Sr Landin, tampouco estaría mal que na rúa que pasa por diante do parque colocase unhas bandas redutoras para moderar a velocidade dos vehículos que ultimamente vemos facer “trompos” e que algún xa se encaixou contra a beirarrúa, se é que así se pode chamar.

2 thoughts on “O parque infantil de San Antoniño presenta un estado lamentable

  1. Ridiculo pola vosa parte, de verdade… si as areas podeselles pasar un escobon pa devolvelas a donde teñen k estar, pero o resto? deke carallo ides? na vosa casa as cousas non se oxidan? ou por uns buratiños de 0,5mm de diametro vai escordar un pe alguien? deixadevos de facer o gilipollas e centradevos noke realmente vos tedes ke centrar.

Deixa unha resposta a David da pallota Cancelar a resposta