A autovía do Salnés rexistra quilométricos atoamentos á hora do regreso das praias

As altas temperaturas rexistradas, que na bisbarra do Salnés roldaron os 30 graos, empurraron os seus habitantes ás praias no primeiro fin de semana oficial do verán. A calor nos areais e a temperatura agradable do mar, que roldaba os 18 graos, animou os bañistas a darse o primeiro mergullo da tempada. O problema rexistrouse de regreso á casa con numerosos atoamentos de tráfico. O principal foi na autovía do Salnés onde houbo colas quilométricas de vehículos en sentido cara a Pontevedra e a autoestrada AP-9. Ata 5 quilómetros de vehículos chegaron a contabilizarse, sen que os efectivos de Tráfico puidesen aliviar a situación.
Ao peche desta edición continuaban as caravanas de vehículos na autovía, aínda que á altura de Barrantes se desviaban os coches cara a Vilagarcía como alternativa aos atoamentos.

As praias

En Vilagarcía de Arousa, dende primeiras horas da mañá os areais da Concha-Compostela estiveron preparados para recibir os bañistas, sen un vestixio das cacharelas da noite anterior, grazas ao operativo especial de limpeza posto en marcha de madrugada pola empresa concesionaria. Tamén a praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, luciu todo o seu esplendor aínda que aínda non se colocou a bandeira azul e tampouco se puxo en marcha este fin de semana o servizo de socorrismo.
Onde si están a traballar a todo ritmo os socorristas é nas praias do Grove e, concretamente na Lanzada onte tiveron moito traballo porque os areais estiveron invadidos polos bañistas e as augas tiveron a incómoda visita das fanecas. Os case 29 graos de sensación térmica invitaban un mergullo polo que numerosos bañistas tiveron que acudir ao posto de socorro buscando alivio ás picaduras de fanecas.
Os beneficios das praias puideron comprobarse en todos os areais, xa que na Illa de Arousa quedaba pouco espazo nos areais para colocar a toalla porque a xente buscou refuxio ao lado do mar para escapar da calor.
Protestas dos condutores e vehículos avariados
A última fase das obras do nó de Curro obrigou a cortar unha parte da autovía do Salnés, polo que os vehículos que proceden de Sanxenxo en dirección cara a Meis e Pontevedra deben abandonar o vial na saída de Mosteiro para continuar a súa viaxe. Esta incidencia, sumada aos numerosos turismos que onte se dirixiron ás praias, provocou á hora do regreso colas quilométricas dende as seis e media da tarde.
Os condutores expresaron o seu malestar pola falta de información para buscar alternativas á trampa que resultou onte a autovía do Salnés. Houbo momentos en que os coches estiveron totalmente parados.
Algúns condutores indicaron que chegou a estar sen avanzar media hora nin un metro na autovía. Como consecuencia destes atoamentos, varios vehículos resultaron avariados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s