Un morto e varios feridos no incendio dunha nave en Barro

 

 

Un traballador morto e varios feridos graves é o balance dun incendio que afectou á primeira hora desta tarde ás instalacións da empresa Comercial Vilanova SL, situada no lugar de Bretoña, na parroquia de Curro , no municipio de Barro . Segundo fontes do 112, o suceso rexistrouse ás 15.33 horas.

A nave segue ardendo e as informacións son confunsas neste momento, pois os traballos de extinción desenvólvense a toda máquina. Ao parecer, os primeiros indicios apuntan á explosión dunha caldeira. O falecido é un veciño da parroquia de San Lourenzo, en Moraña.

Ata o lugar desprazáronse dous helicópteros e catro ambulancias, ademais de varias patrullas da Garda Civil e diversas dotacións de bombeiros. Varios veciños do lugar de Curro expresaron o seu malestar pola tardanza en chegar das ambulancias, dada a gravidade dos feridos, todos eles traballadores da firma.

Un residente que se achegou ao lugar afirmou que chegaron despois de media hora, cando xa estaban no punto Garda Civil e bombeiros. A empresa Comercial Vilanova situada no número 4 de Bretoña dedícase á construción de portas e portais.

3 thoughts on “Un morto e varios feridos no incendio dunha nave en Barro

  1. Hola, non me gustou nada que veñerades a sacar fotos cando habia familiares dos heridos parecemeu unha gran falta de respeto,por outra parte andar nos coches donde estorbaban cando querian pasar os bomberos e as ambulacia..ect. porque eles son os unicos que fan algo por apagar o lume se queresdes sacar fotos sacadeas donde non molestedes porque os bomberos a pagar o lume e ententar salbar vidas pareceume unha gran falta de respeto e esto bai pa todos os periodistas

Deixa unha resposta a jonathan Cancelar a resposta