De Puentecaldelas marchou (García do Barrio) a Pontevedra, e o 21 (abril), coas forzas ás súas ordes, adelantándose ata Perdecanai, onde recibiu confidencias de que unha columna francesa, en número de catro ou cinco mil homes, saíse de Santiago cara a Pontevedra con intención de aniquilar a naciente División do Miño. Sen perda de tempo pediu a Vigo recursos, de onde remitironlle cen fusiles con algunha munición. Contaba naquel momento García do Barrio con cinco mil homes, dos cales unicamente dous mil dispoñian de armas de fogo, pero sen canóns”.
División do Miño
Forza militar composta duns 16.000 combatentes, formada en mayo de 1809, para facer fronte ao invasor francés, neste tempo máis das tres quintas partes, do territorio de Galicia, atopábase en poder das milicias populares, forzas sen máis axuda que a dalgún barco inglés que vixiaba as costas galegas, así como algúns grupos de unidades portuguesas na fronteira, encárganse de neutralizar a un exercito que ata entón se lle coñecía como invencible.