Actividades do C.s. Valiñas-Barro

Benqueridos amigos: Como vedes nace no facebook un novo contacto “Centro Social Valiñas” para informar de todolos actos e cursos que estamos organizando e nos que poderedes participar desde xa, se vos interesa…O local social é a casa da mancomunidade de montes de Valiñas, na que o proximo día 4 de Febreiro actuarán Paula Carballeira e Suso Cortegoso co espectáculo: A Pata de Mono…ás 20,30 horas, cun prezo de 4 €uros a entrada.

Ese día tamén poderedes apuntarvos alí mesmo ós cursos que sexan do voso interese, só teredes que encher un pequeno formulario que estará á vosa disposición:

Ximnasia, Iniciación ó Pilates- 16 €uros/mes. 1 sesión semanal as 20 horas.
Teatro para adultos- 18 €uros/mes. Os martes de 20 a 22 horas.
Traballos en coiro- 20 €uros/mes. 1 sesión semanal de 20 a 22 horas.
Cosmetica Natural- 20 €uros/mes 1 sesión semanal de 20 a 22 horas.
De momento se vos interesa comunicadeo via facebook ou nos teléfonos:

986 71 12 33 ou 635 50 25 67 preguntar por Bea

2 thoughts on “Actividades do C.s. Valiñas-Barro

  1. Pois iso ,agás no caso do curso de teatro que é os martes de 20 a 22 horas, está aberto a que os posibeis alumnos e os monitores o acorden…

Deixa unha resposta a Lucía Pérez Campañó Cancelar a resposta