Benqueridos amigos: Como vedes nace no facebook un novo contacto “Centro Social Valiñas” para informar de todolos actos e cursos que estamos organizando e nos que poderedes participar desde xa, se vos interesa…O local social é a casa da mancomunidade de montes de Valiñas, na que o proximo día 4 de Febreiro actuarán Paula Carballeira e Suso Cortegoso co espectáculo: A Pata de Mono…ás 20,30 horas, cun prezo de 4 €uros a entrada.
Ese día tamén poderedes apuntarvos alí mesmo ós cursos que sexan do voso interese, só teredes que encher un pequeno formulario que estará á vosa disposición:
Ximnasia, Iniciación ó Pilates- 16 €uros/mes. 1 sesión semanal as 20 horas.
Teatro para adultos- 18 €uros/mes. Os martes de 20 a 22 horas.
Traballos en coiro- 20 €uros/mes. 1 sesión semanal de 20 a 22 horas.
Cosmetica Natural- 20 €uros/mes 1 sesión semanal de 20 a 22 horas.
De momento se vos interesa comunicadeo via facebook ou nos teléfonos:
986 71 12 33 ou 635 50 25 67 preguntar por Bea

Boas, que día da semana se impartirían?
un saúdo!
Pois iso ,agás no caso do curso de teatro que é os martes de 20 a 22 horas, está aberto a que os posibeis alumnos e os monitores o acorden…