Anuncio de información pública.

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO

Clave: DH.V36.17806

UTE Ave Portela, de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para o vertido ao rego do Pozo Negro (cunca do río Lérez) dun caudal máximo de1.584,65 m3/día de augas residuais depuradas e para o vertido ao rego de San Amaro (cunca do río Umia)dun caudal máximo de 13.302,62 m3 /día de augas residuais depuradas procedentes das obras de execución dos emboquilles sur e norte, respectivamente, do túnel de San Amaro localizadas nos termos municipais de Pontevedra e Barro e enmarcadas nas obras do “Eixo Atlántico de Alta Velocidade, Tramo: Cerponzóns – Portela. Plataforma e Vía”.

As augas residuais industriáis, de infiltración e de escorrega xeradas no emboquille sur do túnel de San Amaro (1.584,65 m3/día – 291.828,87 m3/ano) son conducidas para o seu tratamento nunha balsa dedecantación constituida por 4 compartimentos de 6 x 4,5 m2 de superficie e 1,5 de profundidade dispostos en serie, con adición de floculante á entrada e control e corrección de pH mediante dosificación de ácido clorhídrico; e vertidas mediante cuneta escavada no terreo de 0,36 m2 de sección e 100 metrosde lonxitude ao rego do Pozo Negro (cunca do río Lérez), no t.m. de Pontevedra, no punto de coordenadasUTM: x= 529.087; y= 4.705.213.

As augas residuais industriáis, de infiltración e de escorrega xeradas no emboquille norte do túnel de San Amaro (13.302,62 m3/día – 2.170.134,71 m3/ano) son conducidas para o seu tratamento nunhabalsa de decantación constituida por 6 compartimentos de 6 x 4,5 m2 de superficie e 1,5 de profundidade dispostos en serie, con adición de floculante á entrada e control e corrección de pH mediante dosificación de ácido clorhídrico; e vertidas mediante cuneta escavada no terreo de 0,60 m2 de sección e 100 metrosde lonxitude ao rego de San Amaro (cunca do río Umia), no t.m. de Barro, no punto de coordenadasUTM: x= 528.824; y= 4.706.836.

Para as augas residuais fecais empréganse sanitarios químicos, polo que non se realiza o seu vertido ao dominio público.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela, e no Servizo Territorial Sur de Augas de Galicia sito na rúa San Salvador núm. 2 – 4º de Vigo, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2011.—O Xefe da Área de Vertidos, e.f., Francisco Julio Gutiérrez

Deixar un comentario