O APALPADOR

Até hai ben pouco, nalgunhas comarcas da alta montaña do leste da Galiza e nalgunhas outras do Bierzo, pola época do Nadal baixaba das montañas un vello xigante carboeiro até as aldeas. Entraba paseniño nas casas namentres durmían para lle apalpar as barrigas ós cativiños porque toda a súa preocupación era que estiveran a ser ben mantidos e non pasaran fame. Tras desexarlles un ano novo libre de fames, marchaba deixándolles unha boa presa de castañas quentiñas.

2 thoughts on “O APALPADOR

  1. Bos días! Onte no Patronato da Cultura Galega de Montevideo, fixemos a festa de fin de ano e recreouse O Apalpador, pero tivemos que trocar as castañas por caramelos. Bo Nadal e ventureiro ano 2012 para a miña familia e todos os veciños de Barro!Unha forte aperta dende Uruguai!

  2. Otras épocas supongo, porq si yo despertaba con o apalpador, menudo susto me daría!
    También me pergunto si los mayores franqueaban la puerta así no más.
    Es una leyenda o es real?
    Bo Nadal e Aninovo. Amalia.-

Deixa unha resposta a Adriana Fernandez Cancelar a resposta