PARQUE EÓLICO ACIBAL. NORVENTO

A Xefatura Territorial de Pontevedra da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica, estudio ambiental, e da solicitude de acollida ó réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións referidas ó PARQUE EÓLICO ACIBAL.
Pola que se sométese a información pública, a solicitude da empresa NORVENTO, S.L., as instalacións que a continuación se describen:
TÍTULO: PARQUE EÓLICO ACIBAL
SOLICITANTE: NORVENTO, S.L.
CONCELLOS AFECTADOS: Barro, Moraña e Campo Lameiro

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO PARQUE EÓLICO:
— 4 Aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3000 kW
— Potencia total instalada: 12 MW
— Produción neta anual estimada: 33.802 MWh/año
— Orzamento total: 15.412.483,52 euros.

OBXECTO DA INFORMACIÓN PÚBLICA:
— Estudio ambiental.
— Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
— Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.
— Declaración da instalación como de réxime especial de produción eléctrica.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días. O proxecto sectorial poderase examinar na Xefatura Territorial e nos concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro.

One thought on “PARQUE EÓLICO ACIBAL. NORVENTO

  1. Deixaremos destruir a paisaxe, o monte, o hábitat, o bosque autóctono de Amil para producir solo 12 megawatios que non benefician a ninguén…Solo á empresa concesionaria?
    NON AO PARQUE EÓLICO DO ACIBAL

Deixa unha resposta a santiago Bas Cancelar a resposta