O Proxecto ABALAR, é un compromiso da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa cidadanía galega, no
ámbito da integración das TIC na práctica educativa, cuxo obxectivo principal é o de transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais para:
- Acadar a plena alfabetización das TIC entre os profesores e alumnos galegos.
- Modernizar o sistema educativo galego.
- Mellorar a calidade da ensinanza en Galicia.

- Reducir o fracaso escolar.
O Proxecto ABALAR garante a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros educativos coa entrega de ultraportátiles aos alumnos/as e a dotación de aulas dixitais por medio do portátil para o profesor/a, o encerado dixital interactivo e o proxector, os armarios de carga dos ultraportátiles e as redes Wifi, fomenta a cultura dixital por medio da formación aos docentes e as familias, dota ao profesorado e o resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais e establece novas canles de comunicación entre a comunidade educativa e presenza na Web por medio do espazo ABALAR.