1ª Andaina do programa de rutas guiadas das Asociacións Barosa e San Marco

– O punto de partida, deste percorrido, comeza no denominado Lombo da Maceira, sito no lugar de San Amaro, punto que coincide co camiño medieval e coa Vía XIX Romana do Itinerario Antonino.

– No mesmo lugar de San Amaro, podemos observar a Capela de San Amaro, da que realmente pouco se sabe, segundo os ditos era o lugar no que se efectuaba o cambio das cabalgaduras. A celebración da súa festividade relixiosa en honra a San Mauro, é o día 1 de Maio.

– Xunto a esta Capela, inserido na casa “Resoño”, atopamos un Peto de ánimas, do que desafortunadamente ao non conter ningún epígrafe, descoñécese o data de creación, e ao que ademáis lle falta o peto ou caixón das limosnas.

– Sen saír do lugar, ao carón da Capela de San Mauro, temos o cruceiro que leva o mesmo nome, Cruceiro de San Mauro, modificado en varias ocasións, e sobre o que non podemos saber a súa data xa que carece de inscricións.

– Seguindo no camiño, achegámonos ao Cruceiro moderno da fonte de San Amaro, datado do ano 2001 amosa unha Virxe do Carme sen sinais de devoción e culto. Contén epígrafe, o que nos fai deducir que foi doado por unha empresa.

– O Cruceiro de Lamas que amosa o detalle da Virxe das Angustias, atópase ben conservado e sitúase sobre un pequeno outeiro. Data do ano 1688.

– Desviándonos lixeiramente do percorrido, á man dereita, atopamos a Igrexa Parroquial de San Mamede da Portela, de estilo Barroco e datada no século XVIII.

A 100 metros dun dos laterais da igrexa, podemos ver o Cruceiro da Igrexa, do ano 1753, ben conservado e sen sinais aparentes de ofrenda e culto.

– En el lugar de A Cancela, conta o Concello de Barro, cun Albergue de Peregrinos nas antigas escolas, onde poder facer unha parada e continuar o camiño descansados.

– Deixando atrás o lugar da Cancela, e atravesando a estrada, existen as antigas ruinas dunha ponte. Dende aquí tomaremos a pista agrícola que nos leva á parroquia de Agudelo, concretamente ao lugar de Valbón. Aquí está o Cruceiro da Monisa, ergueito sobre un chan e no reverso amosa unha Virxe Dolorosa. Presenta bo estado de conservación maila que carece de epígrafes e sinais de devoción e culto.

– En posición de encrucillada, no punto quilométrico 52,024 do camiño portugués, na aldea de Vilar, érguese o Cruceiro de Venerando, tamén sen sinais de culto e devoción e ben conservado amosa as imaxes de Santiago Peregrino e San Xoán.

– E, finalmente, para rematar este tramo do camiño portugués que discurre polo municipio de Barro, observamos o Cruceiro de Soutelo, do que recibe o nome por estar situado na aldea de Soutelo. Carece de epígrafes ou escritos que nos indiquen a súa feitura. Ben conservado amosa por unha das súas caras, a imaxe da Virxe.

Dende aquí e ata chegar ao municipio limtrofe de Portas, podemos facer un alto no camiño e descansar na maravillosa paraxe natural de A Barosa.

One thought on “1ª Andaina do programa de rutas guiadas das Asociacións Barosa e San Marco

Deixa unha resposta a PRIMEIRA ANDAINA DO PROGRAMA DE RUTAS GUIADAS DAS ASOCIACIÓNS BAROSA E SAN MARCO « Asociación Cultural San Marco Terras de Barro Cancelar a resposta