DE BARRO A ASSEN (HOLANDA), EN MOTO

O noso veciño José Luis Lede comeza mañá mércores unha aventura que o levará na súa moto BMW cara  terras holandesas para presenciar a proba do mundial de motociclismo que alí se celebra.

Lede percorrerá nuns poucos días  en solitario miles de quilómetros, xoga coa vantaxe que non é novato nesta aventura, xa que hai uns anos realizou esta viaxe nunha Yamaha Diversión.

Dende aquí deséxolle moita sorte nesta fermosa viaxe por terras europeas e á volta ou cando faga unha paradiña, se ten tempo, que nos conte como lle vai nesta andaina e nos ensíne  fotos.

Boa viaxe Lede e coidadiño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s