O noso veciño José Luis Lede comeza mañá mércores unha aventura que o levará na súa moto BMW cara terras holandesas para
presenciar a proba do mundial de motociclismo que alí se celebra.
Lede percorrerá nuns poucos días en solitario miles de quilómetros, xoga coa vantaxe que non é novato nesta aventura, xa que hai uns anos realizou esta viaxe nunha Yamaha Diversión.
Dende aquí deséxolle moita sorte nesta fermosa viaxe por terras europeas e á volta ou cando faga unha paradiña, se ten tempo, que nos conte como lle vai nesta andaina e nos ensíne fotos.
Boa viaxe Lede e coidadiño.