RECORDATORIO PARA ALGÚNS GOBERNANTES

A Constitución Española, no seu artigo 47, establece que:

“Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. […]”.

Isto é o que pedían onte os veciños do “Edificio Adelfa” do San Antoniño na súa particular andadura polas mesas electorais, portando nas súas camisetas feitas para a ocasión, a frase “Vivendas de protección sen centro de transformación”, e pola parte traseira, Edificio Adelfa (BARRO).

Mentres ían de mesa en mesa, a maioría da xente non sabía de que se trataba, e eles explicábanlles o aquel da súa protesta.

Unha das anécdotas mais curiosas ocorreu na mesa electoral de Curro:  unha señora que ía a exercer o seu dereito ao voto, e de casualidade, atopábase naqueles intres alí un funcionario do noso Concello, ao cal lle preguntou qué era o que acontecía e porqué levaban esas camisetas, e como é habitual, o funcionario contestou “que él non sabía nada”, e, digo eu, de verdade que non sabía nada?. No concello, non se falan entre eles?, tiña medo ou queria tapar as incompetencias doutros compañeiros seus?…, non sei, cada quen que pense o que queira.

Para rematar a andaina, decidiron xuntarse diante do Concello, entre os seguidores de Landín que tiraban foguetes e foguetes, como se tratase dunha vitoria do Real Madrid, ou doutro equipo calquera…O penoso é que neses intres había un veciño noso que estaba sendo velado no tanatorio, non creedes que debería darse un respeto?… (quero recordarlles aos 1.313-mal numero se non crece- votantes de Landín, que houbo 1.822 veciños con dereito a voto, que non o votaron)

Bueno ao que estábamos…, cando se encontraban na devandita praza, esperando a que chegara o susodicho, empezáronse a ver esceas que non se sabía se daban gañas de rir ou de chorar, segundo os alí presentes, unhas esceas  que valdrian para unha película do estilo de

 “La vida de Brian” de Terry Jones. E neses intres de excitación plena e colectiva, o Sr. Landín prometeu que no prazo máximo dun mes, estarían arranxados tódolos seus problemas…, aínda nos cabe esperar.

Pijus Magnificus

One thought on “RECORDATORIO PARA ALGÚNS GOBERNANTES

  1. GRACIAS Novas de Barro por facer este fantástico artigo. A ver se a xente se vai enterando pouco a pouco porque parece que algúns fan oídos sordos e ollos cegos.
    A conta atrás da promesa xa colga da nosa fachada para que non se olvide. Saúdos.

Deixa unha resposta a Lorena2 Cancelar a resposta