“VIVENDAS DE PROTECCIÓN QUE NON CUMPREN AS CONDICIÓNS”

Esta é a frase que colga dunha azotea do último edificio de protección autonómica que se construiu en Barro.
Noutra das chafalladas que se realizan nos últimos anos neste noso concello, esta é a última das que nos enteramos (seguramente haberá máis pero non o sabemos).Como é posible que un edificio de protección autonómica, que eu creía, “parvo de min” que a Xunta supervisaba cos seus técnicos todo o proceso antes de adxudicalos, e que despois o concello antes de dar a licenza de 1ª ocupación faría as correspondetes xestións e comprobaría que todo estaba en orde, para que os xóvenes que alí se hipotecaron durante moitos anos poderan disfrutar da súa primeira vivenda.
Pois non veciños, aquí todo a monte, o concello dirá que a culpa é do constructor e este votaralle a culpa a outro, pero o “carallo” coma sempre os perxudicados…¿Quen son? Xa vos imaxinades. O noso alcalde debería de pasarse máis por Barro (xa que como traballa en Pontevedra e vive en Portas quédalle de paso) e controlar que as licenzas se den cando teñen que darse, xa sei que está moi ocupado coas eleccións, pois si el non da feito que delegue noutro, pero que alguén o arregle.
Aos vecinos dese edificio ameazanos con que lle van cortar a corrente eléctrica dentro duns déas, debido a que non hai centro de transformación. E que como consecuencia terán que abondonar os seus fogares…para onde van?? dádelle unha resposta e unha solución.
Ademais teñen que gastar cartos dos seus en avogados pola culpa das incompetencias doutros.
Así que dende aquí deséxolle moita sorte e que poidan resolver os problemas o máis rápido posible e que dende este blog terán todo apoio que lles poida dar, e idenos contando as novas que se produzan.
E ao señor ese que vive en Portas, póñase as pilas. Dende aquí tamén lle digo que se quere pódeme enviar una nota de prensa cos motivos de porque estes veciños teñen que andar en avogados, e encantado publicareina.

3 thoughts on ““VIVENDAS DE PROTECCIÓN QUE NON CUMPREN AS CONDICIÓNS”

  1. gracias polo voso interes e por facer de altavoz do noso problema. Esperamos que coa axuda e a presion de todolos medios cheguemos a unha solucion o antes posible. De novo gracias

  2. Moitas grazas por todo, pero todavia nos queda unha loita moi grande e necesitamos que estedes ahí con nos.
    Esto e un lío moi grande, do cal, nos non temos culpa ningunha, pero estamos pagando os pratos rotos de todo o mundo que tiña que haber feito ben o seu traballo.
    Toda a axuda e pouca, e todas as palabras de agradecemento tamen.
    MOITAS GRAZAS

Deixa unha resposta a Fran Cancelar a resposta