O BNG acusa ao goberno local de Barro de deixadez, desisterese e incompetencia para manter en condicións o colexio público

O abandono do colexio público de Barro por parte do goberno municipal do PP é un feito xa denunciado polo BNG ao longo de moitos anos.

A pesar do informe presentado pola ANPA no Concello, son moitos os problemas que están sen resolver por non realizar os traballos de mantemento que o colexio precisa.

Un deses problemas volveu a poñerse hoxe de manifesto: coas chuvias a auga crea pozas no recinto escolar por onde teñen que acceder os nenos e nenas dende a escalinata á entrada do colexio.

Ese problema é debido a que a recollida de augas é totalmente deficiente, as baixantes en moitos casos inexistentes ou moi deterioradas e os sumidoiros por onde debería canalizarse esa auga da chuvia non cumpren o seu cometido.

Esta é unha mostra máis do que leva denunciando o BNG: deixadez, desinterese e incompetencia para resolver os problemas e a necesidade de que a comunidade educativa conte con instalacións dignas para desenvolver a súa actividade.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

3 thoughts on “O BNG acusa ao goberno local de Barro de deixadez, desisterese e incompetencia para manter en condicións o colexio público

  1. Eu estou de acordo co da deixadez do goberno actual, pero tampouco ai k ser tan criticos, esas fotos k expoñedes do colexo cantos anos tñen? porque eu cando marchei dese colexio estaba asi, pero ai pouco fun e kedei parvo co ben k estaba, con respecto a cando eu estudiaba ali.

    • Estimado David,

      As imaxes que vexo no video correspóndense co momento actual. ¿De veras visitaches o CEIP AMOR RUIBAL recentemente? Non sei se tes fillos pero o certo é que cando se teñen, unha vai por ahí fixándose especialmente no benestar deles e delas, así como dos espazos onde pasan tantas horas cada día.

      Un saúdo

  2. Ola,

    Veño de ler a nova relativa ó estado do colexio CEIP AMOR RUIBAL de Barro. Como Secretaria da ANPA durante os cursos 2008-2009 e 2009-2010 loitei a capa e espada pola mellora do colexio tanto por dentro coma por fóra. Reunímonos no ano 2009 co Delegado de Educación en Pontevedra e no ano 2010 co Xefe Territorial Provincial de Educación en Pontevedra. En ámbolos dous casos, aseguróusenos de que ían ser acometidas determinadas obras “antes do comezo do seguinte curso”. Estas obras non foron acometidas a comezos de ningun dos cursos seguintes (no primeiro caso, no 2008, o goberno mudou ós poucos meses da nosa reunión, de PSOE a PP).

    As imaxes que vexo publicadas no video corresponden ó momento actual (dígoo polo comentario de David García) aínda que xa no 2008 o estado era o que se ve nestas fotos.

    Como nai dunha alumna que asiste a este colexio, expreso o meu desconcerto coa situación do CEIP. Certo é que quen llo dera ós etíopes ou ós suazilandeses pero tamén o é que os centros educativos de Portas, Meis e Moraña lévanlle unha vantaxe moi grande ó de Barro. Non estaría de mais organizar unha excursión a visitar os colexios dos nosos veciños. Eu, dende logo, visiteinos para comprobar o seu estado. O certo é que estamos a reflexionar se cambiar á nosa filla de centro educativo, cousa que sería unha mágoa porque somos de aquí e o propio é que ela receba a sua educación en Barro.

    Desexo que este asunto se resolva canto antes e que a miña filla (e naturalmente, tódalas nenos e nenas) chegue a disfrutar do centro educativo que se merece.

    Atentamente,

    Jacqueline Seijo Martínez

Deixa unha resposta a David Garcia Paz Cancelar a resposta