Atascos na N-550 en Barro por traballos de asfaltado

Os condutores que circularon onte pola estrada N-550 ao seu paso polo municipio de Barro sufriron retencións de tráfico debido ás obras de asfaltado que se executan na zona. Os maiores atascos rexistráronse á primeira hora da mañá, cando moitos condutores se dirixían aos seus postos de traballo. As obras de asfaltado localizáronse onte nas inmediacións da área recreativa da Barosa. O firme desta estrada nacional está moi deteriorado nesta zona.

Deixar un comentario