A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe adxudicar o contrato para adquisición dun tractor para o concello
de Barro á empresa Comercial Vazpe S.L. Esta nova dotación terá un custe de 86.000 euros que serán financiados con fondos do Plan de Investimentos da Deputación (PID). Se trata, concretamente dun tractor con desbrozadora en brazo articulado que permitirá acometer diferentes tarefas de mantemento no citado concello.
Compre recordar que o PID investirá en Barro un orzamento total de 387.414 euros que, ademais da adquisición do tractor, posibilitarán o acondicionamento da casa multiúsos municipal, así como na adquisición de diversos materiais para a reposición de estruturas, solos e pezas de madeira no Pazo da Crega.
O PID 2009-2011, dirixido a colaborar e fomentar o desenvolvemento dos concellos da provincia, achegará en total uns 70 millóns de euros. Estes, irán destinados a acometer máis de 520 obras na provincia e posibilitarán máis de 3.000 postos de traballo. As cantidades asignadas ós Concellos do Plan de Investimentos da Deputación repartíronse tomando como criterio o 50% de poboación e o 50% de superficie.
[…] https://noticiasbarro.wordpress.com/2010/12/02/a-deputacion-adquire-un-tractor-para-o-concello-de-bar… […]