Pontevedra propón Barro-Meis ou A Reigosa para situar a nova planta de baterías para coches eléctricos

O concelleiro de Actividade Económica, José Antonio García Lores, propuxo hoxe a instalación da planta de baterías de litio de Mitsubishi-GS Yuasa nos terreos dos polígonos do Campiño-A Reigosa ou de Barro-Meis, ambos os situados na comarca de Pontevedra. Segundo explicou o concelleiro en rolda de prensa, este emprazamento resolvería “todos os problemas das distintas alternativas que se están barallando” e ademais ofrece “claras vantaxes”. O próximo pleno municipal tratará unha moción dos dous grupos que compoñen o Goberno local e intentará que a proposta, presentada Xunta, sexa aprobada por unanimidade. García Lores indicou que non se trata de entrar en loitas localistas, “senón de defender unha oferta realista e factible” que liquidaría “as dificultades para ofrecer os 200.000 metros cadrados de chan industrial que a empresa xaponesa precisa”. Incidiu en que se trata dun “asunto urxente”, porque “Galicia corre o risco de perder este investimento e porque supón a creación de 1.500 postos de traballo directos”. Unha sentenza do pasado 7 de xuño do Tribunal Supremo anulaba o proxecto sectorial da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves, máis coñecida como Plisán, por afectar a terreos rústicos de protección forestal. As alternativas da Xunta centráronse no polígono de Porto Molle en Nigrán, pendente dunha modificación do Plan de Ordenación de Nigrán; un novo plan sectorial, e o polígono de Tebra-Vilameán en Tomiño, que non está definitivamente desenvolvido e segue pendente de expropiacións.. O municipio de Narón tamén ofertou terreos no polígono de Río do Pozo, pero están a 200 Quilómetros de Vigo.

One thought on “Pontevedra propón Barro-Meis ou A Reigosa para situar a nova planta de baterías para coches eléctricos

  1. RESPETO A ESTA NOVA, QUERIA DEIXAR UN COMENTARIO, QUE MAIS BEN SERIA UN DESEXO.
    GUSTARIAME QUE OS RESPONSABLES POLITICOS QUE TEÑEN PODER DE DECISION NO POLIGONO BARRO – MEIS, FIXESEN UN ESFORZO, POR TRAER ESTA IMPORTANTE INVERSION PARA O NOSO CONCELLO. SERIA MARAVILLOSO E PODERIA CREAR MOITA RIQUEZA. EU ADEMAIS PENSO QUE AINDA QUE HOUBERA QUE MODIFICAR ALGUNHA PARCELA, VALERIA A PENA, DADA A MAGNITUDE DA INVERSION. DEBERIASE INTENTAR POLO MENOS UNHA NEGOCIACION. APLAUDO A IDEA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA manifestada polo SEU CONCELLEIRO DE ACTIVIDADE ECONOMICA, O Sr. Jose A. Garcia Lores, e tamen do seu ALCALDE Miguel A. Fernandez Lores.
    E COMA SEMPRE, UNHA CRITICA CONTRUCTIVA PARA O NOSO ALCALDE, Sr LANDIN EIRIN, EN VEZ DE CRITICAR O ALCALDE E CONCELLO DE PONTEVEDRA, MIRE POLA SUA CASA, QUE E TAMEN ESTE CONCELLO, E COMO MAXIMO RESPONSABEL. BOTE O RESTO E LOITE POR ESTA EMPRESA, PARA O POLIGONO QUE TEMOS AQUI EN CURRO (BARRO- MEIS). OXALA ESTE DESEXO POIDA SER UNHA REALIDADE. VEÑA ARRIMEMOS O HOMBREIRO E A TRABALALR POLO NOSO POBO. EN CURRO, E EN TODA COMARCA PONTEVEDRA-SALNES ESTARIAMOS DE NORABOA. SAUDOSSS.

Deixa unha resposta a JOSE SANMARTIN Cancelar a resposta