A nova escola infantil de Barro é xa unha realidade. Un total de 61 nenos
poderán poderán ocupar as prazas do centro que se alza preto da casa Consistorial, na parroquia de San Antoniño. Catro anos fixeron falta para que os esforzos de Concello, Deputación e Xunta frutifiquen nunha gardería para nenos de 0 a 3 anos.
Con todo, a infraestrutura aínda non funciona a plena capacidade, xa que das 61 prazas das que dispón só 29 están cubertas ata agora. As restantes serán ocupados a partir de xaneiro, logo da valoración das demais solicitudes.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, escoltado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, inaugurou onte a escola infantil de Barro . Mantense deste xeito, a previsión de crear durante este ano 2000 prazas de gardería. Este tema converteuse nun dos cabalos de batalla da Xunta de Galicia. Esta, cifrou o total de prazas que se crearán durante esta lexislatura en 4500 para alumnos de infantil.
«Cumpriremos», rubricou Feijoo onte logo da volta de honra que deron os políticos á gardería. O presidente da Xunta comentou que «ou centro de Barro é un exemplo do que queremos facer en Galicia, todos vos rapaces de 0 a 3 anos terán unha escola infantil con fondos públicos».
NORABOA A TODOS OS VECIÑOS DE BARRO PORQUE ESTA INFRAESTRUCTURA REALIZADA,VAI SUPOÑER UN FUTURO MOI BO PARA BARRO, O FEITO DE TER TANTAS PLAZAS DISPOÑIBLES, VAI FACER POSIBLE QUE MOITOS VECIÑOS DOUTROS CONCELLOS POIDAN ELIXIR, O NOSO PARA VIVIR, XA QUE A SITUACION DO NOSO CONCELLO E ENVIDIABLE. LASTIMA QUE NON POIDESEMOS TER MAIS SERVICIOS E DEREITOS, PERO BUENO CADA QUEN TEN SEGUNDO DIN O QUE SE MERECE. AQUI NON LOITAMOS POR MAIS, ENTONCES, AGRADEZAMOLO QUE NOS DAN E “RECEMOS” PARA ALGUN DIA TER ESES SERVICIOS QUE TANTO BOTAMOS DE MENOS. NORABOA POLA ESCOLA INFANTIL INICIADA NO GOBERNO BIPARTITO E REMATADA POLO GOBERNO ACTUAL. GRACIAS OS DOUS GOBERNOS E O CONCELLO DE BARRO POR TELA SOLICITADO. OXALA ESTA SEXA SO UN PRINCIPIO DE BOAS INVERSIONS EN BARRO. SAUDOS