O vocalista de Berrogüetto visita o colexio de Barro

A ANPA Amor Ruibal do colexio de Barro organizou para o próximo 18 de decembro, venres, o seu tradicional Festa de Nadal. O programa iniciarase ás 17 horas cunha sesión de teatro na planta baixa da biblioteca municipal, á que seguirá unha merenda e a actuación do vocalista do grupo folk Berrogüetto, Xabier Díaz. Admeás de cantar, o músico falará cos escolares. A entrada para os non socios da ANPA é de 3 euros e gratis para os socios.

Deixar un comentario