Accidente con catro feridos na N-550 na localidade pontevedresa de Barro

Catro persoas resultaron feridas esta mañá, dúas delas graves, ao chocar frontalmente dous vehículos á altura do quilómetro 111 da estrada nacional 550, en Barro (Pontevedra), informaron fontes da Garda Civil.

O accidente, que se produciu ás 08:45 horas, cando a estrada estaba mollada e a néboa dificultaba a visibilidade na zona, provocou retencións de tráfico nos dous sentidos do tráfico, e a Garda Civil habilitou desvíos alternativos.

Os dous condutores resultaron feridos graves, mentres que os outros dous ocupantes dun dos vehículos sufriron feridas leves.

Deixar un comentario