Tres persoas resultaron onte feridas leves tras sufrir un accidente de tráfico no municipio de Barro . Segundo un portavoz do servizo de urxencias de Galicia 112, o suceso produciuse ás 11.59 na estrada N-550 que enlaza Pontevedra con Santiago á altura do cruzamento de Verducido. Foi un particular o que alertou ao 112 do sinistro, que consistiu nunha colisión entre dous vehículos. Desde o servizo de urxencias mobilizouse á Garda Civil e á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barro . As lesións foron leves e non se chegou a mobilizar a Urxencias Sanitarias.