Os cadáveres dos fusilados en Curro tiñan as balas incrustadas

Os voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica concluíron onte pola tarde os traballos de exhumación dos cadáveres de Castor Cordal Garrido e Ramón Barreiro Rodríguez, os dous arousáns fusilados en 1936 en Barro e enterrados nunha fosa común xunto á igrexa de Curro .

Para o levantamento dos corpos seguiuse o protocolo establecido nestes casos. A ARMH e familiares dos asasinados fixeron unha comparecencia para dar conta do achado ante a Garda Civil de Caldas de Reis, que deu aviso ao xulgado. E a continuación acudiuse no lugar a policía xudicial cun forense para documentar o estado dos restos e certificar que non eran vítimas dun crime recente, senón que prescribiría.

A Asociación da Memoria Histórica foi autorizada entón a levantar os cadáveres e á súa custodia e traslado ao laboratorio que ten en Ponferrada para a súa identificación mediante un estudo antropolóxico.

Santiago Macías, vicepresidente da ARMH, confía en que de aquí a finais de ano estean identificados para entregarllos ás familias e por fin poidan enterralos dignamente nos cemiterios de Cambados e Ribadumia.

Macías explicou que a posición en liña dos dous cadáveres dentro da fosa e ben diferenciados facilitou a exhumación. Ambos tiñan aloxadas as balas que lles dispararon no cranio e un deles tamén no fémur dereito.

As mutilaciones ou lesións por torturas previas ao fusilamento, determinaranse no laboratorio. A Ramón Barreiro cortáronlle un dedo para sacarlle un anel, algo que non puido percibirse no momento de sacalo da fosa pola descomposición dos ósos da man.

Cos corpos apareceron os zapatos, pero ningún resto de roupa, que se habería desintegrado.

Os sobriños das dúas vítimas estiveron presentes en todo o proceso de exhumación e onte pola tarde produciuse un dos momentos máis emotivos ao visitar a fosa a irmá de Castor Cordal e reencontrarse co cadáver. Josefina, de 83 anos, tiña 9 cando o mataron e foi ela quen transmitiu aos familiares máis novo todos os detalles da dramática detención e fusilamento do seu irmán.

Os restos dos dous arousáns foron introducidos en caixas de cartón, un material que absorbe a humidade, para o seu traslado a Ponferrada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s