A Federación de Asociacións de Veciños Teucro propón uns terreos en Lérez, como alternativa a Monte Carrasco, na parroquia de Marcón, para construír o hospital novo en Pontevedra anunciado pola Xunta.
“Teucro” trasladou ao voceiro municipal do grupo popular, Telmo Martín, a súa proposta duns terreos localizados na parroquia de Lérez, con todos os servizos necesarios, segundo explicou o presidente deste colectivo social, Miguel Ángel Vilacoba.
“Estes terreos están perfectamente comunicados, teñen servizo de rede de sumidoiros, de auga, contan cunha liña de electricidade de media tensión, están preto da ponte de Monte Porreiro e incluso do ponte novo que vai a construír a Deputación”, comentaron. “Creo que reúne a mellor situación posible e ademais pódese ampliar eternamente porque linda cunha zona de monte”, explicou Vilacoba.
Aínda así, esta federación veciñal aposta pola ampliación de Montecelo como “mellor solución” para o hospital Por iso, dixo Vilacoba, está “movendo algunhas pezas” á vista das intencións manifestadas pola Xunta de Galicia de facer un novo centro e en Monte Carrasco. A Federación de Asociacións de Veciños Teucro informará hoxe con máis detalle sobre esta proposta.
Barro
Tamén o alcalde de Barro, o “popular” José Antonio Landín, propuxo o seu termo municipal como lugar “idóneo” para a construción do novo hospital proxectado para Pontevedra, se finalmente o concello capitalino “non ofrece suficientes garantías”.
Para o rexedor de Barro, “lle trata dun tema moi importante que hay que solucionar”, e engadiu que “a capitalidade dunha provincia non lle defende con manifestacións, senón dando servizos e creando espazos e infraestruturas”.
O edil deste municipio veciño a Pontevedra subliñou que “a área sanitaria norte necesita un hospital que non teña que depender para moitas cousas de Vigo; e non só pídeno os pacientes, senón tamén os profesionais do ámbito sanitario”.
Landín Eirín considera que a Xunta debe dirixirse “dunha vez por todas ao concello de Pontevedra para dicirlle que se seu obxectivo é pór chinesas no camiño dese proxecto, que saiban que hay outros municipios que poden ofrecer terreos para iso”.
En poucos anos nos volvemos tan consumistas que queremos convertelo todo en cousas de usar e tirar. Nada se arranxa.
¿Non sería más acertado mellorar os Centros de Saude de cada concello para non masificar os hospitais e o mesmo tempo, se foso necesario, ampliar os hospitales existentes?.
O mesmo pasa coas carreteras. Parece que as feitas xa non serven e temos que encher Galiza de “autopistas” ata cada casa (asfalto por todos lados).
Soio é a miña opinión hoxe. Maña igual pido un hospital para Barro. Non son tan tonta como para non querelo a porta da casa, pero os cartos salen do peto de todos.
ANA
Ana