O flautista solista da Banda de Pontevedra, Adrián Silva magdalena, foi seleccionado para participar na Internacional
Youth Wind Orchestra, (Mozo Orquestra de Vento Internacional).
Esta formación xorde cada dous anos con motivo da celebración da Conferencia Internacional de Banda de Música e Instrumentos de Vento (WASBE). Esta cita celebrarase do 5 ao 11 de xullo en Estados Unidos, concretamente en Cincinnati, Ohio.
No marco desa conferencia, o músico pontevedrés participará en diferentes concertos, baixo a batuta de mestres como Donald Hunsberger e Robert Reynolds. A Internacional Youth Wind Orchestra está integrada por mozos entre 18 e 25 anos de calquera parte do mundo.
A cita deste ano reunirá a intérpretes de Estados Unidos, Australia, Israel, México e Irlanda, entre outros, que foron seleccionados mediante gravación. Os concertos nos que participarán coa IYWO serán tamén gravados en DVD para o seu posterior edición con carácter didáctico-musical.
Para Adrián Silva, a experiencia de tocar con músicos de todos os continentes é única, tendo en conta ademais que se trata dun proxecto dunha gran calidade musical, fiel reflexo do excelente nivel musical e artístico que hai na actualidade as bandas de música de todo o mundo. E é un fito na carreira musical de calquera intérprete.
Neste sentido e segundo expresaron, para a Banda de Música de Pontevedra «é un verdadeiro orgullo poder ter entre as súas compoñentes a grandes interpretes como Adrián Silva, exemplo do do alto nivel musical desta formación». Os seus músicos participan de forma activa con numerosas agrupacións profesionais por toda a península, acadan importantes postos na docencia musical e gañan prestixiosos premios.
Nesta ocasión, dáse a circunstancia de que Adrián Silva, ademais de flautista da BMP, é o presidente da Sociedade Musical de Pontevedra á que pertence esta formación. Polo tanto, en Ohio, exercerá tamén, como representante da Banda pontevedresa no maior e máis prestixioso órgano de promoción destas agrupacións.
Toda a xunta directiva da bada de Música de Pontevedra e todos os seus competentes deron onte seu máis sincera parabéns a Zarza, agardando que gozo desta experiencia e tendo por seguro que este «é un dos numerosos éxitos que lle agardan na súa carreira».
Adrián naceu Barro no 1984 e comezou a súa formación na Banda de Música Xuvenil dese municipio. No 1995 ingresou no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde rematou os seus estudos no ano 1004 coas máximas cualificacións. E nese mesmo ano ingresou no Conservatorio Superior de Vigo e na Colexio de Altos Estudos Musicais de Galicia. Participou con éxito en múltiples certames de mozos intérpretes e colaborou con agrupacións como Real Filarmonía de Galicia.
bueno está ben k solo se nomee a Banda Xuvenil de refilon cando en REALIDADE e de onde saiu Adrián e deberia de ser esta agrupación a que falase del.