O municipio de Barro rexistrou onte dous accidentes de tráfico consistentes en saídas de vía. O primeiro produciuse de madrugada, ás 2.31 horas, na estrada N-550 á altura da Barosa. Segundo indicou unha voceira do servizo de emerxencias 112, un vehículo saíuse da estrada e levouse por diante varios sinais de tráfico. Desde o 112 mobilizouse ao 061 e á Garda Civil de Tráfico. A ambulancia desprazada ao lugar asistiu no punto a unha persoa, que recibiu a alta voluntaria e non chegou a ser trasladada.
Ás 13.24 horas produciuse o outro accidente, neste caso, na autoestrada AP-9 ao seu paso por Barro. Foi no quilómetro 118, en dirección A Coruña. Un vehículo saíuse da vía e colisionó contra a mediana. O 112 mobilizou a Tráfico e o 061, aínda que ao final non houbo feridos.