Arte con material reciclado en Barro

Esta tarde, na sala de exposicións da Finca do Crego do Concello de Barro, terá lugar a inauguración da exposición do concurso de obras de arte feitas con materiais reciclados, ReciclArte 2008, organizado polo Núcleo de Sostibilidade Integrada da ADR Proder II – Comarca de Pontevedra, formado polos concellos de Barro, Poio, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Na exposición, que se inaugura ás 18.30 horas, participan un total de vinte 34 obras, algunhas delas de creación colectiva, pois foron presentadas por 109 persoas. Logo da apertura entregaranse os premios aos gañadores que foron, no segundo ciclo de Primaria, Poliluz, de Mateo Lois Vázquez; no terceiro ciclo, Barrense, de Aroa Outón Regueiro. En Secundaria, os gañadores do primeiro ciclo foron Alberto Rebón Boullosa, Martín Mosteiro Vázquez e Alejandro Gontad López, coa obra Spirit; en no segundo ciclo, David Maquieira Buceta, con Maky. Na categoría de adultos o gañador foi a Asociación Alba, pola obra Pavito.

Tamén se entregarán mencións especiais a Lorena Seijo Pardo e a súa obra titulada Fantasía, polo aproveitamento dos materiais reciclados, e a Adriana Vidal Iglesias, Fátima Torres e Irene Mosteiro, pola orixinalidade da súa obra Amazonas.

Deixar un comentario