Concurso de Fotografía e de Contos

O Concello de Barro vai a celebrar o IV Concurso de Fotografía “Imaxes de Barro 200” , e o Concurso “Os Contos que contan”.

1. CATEGORÍAS:
Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxísticos e etnográficos do Concello de
Barro.
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.
2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un
premio finalista por categoría.
Adultos a partir de 18.
1er PREMIO:
Aspectos históricos,… =200 €
A viña e o viño,… = 200 €
PREMIO FINALISTA:
Aspectos históricos,… =150 €
A viña e o viño,… =150 €
Xuvenil ata 18 anos.
1er PREMIO:
BASES
IV CONCURSO
DE
FOTOGRAFÍA
“IMAXES DE BARRO”
2008
CONCELLO DE BARRO
SUBVENCIONA :
MAIS INFORMACIÓN: OMIX 986714806
CONCELLO DE BARRO
Aspectos históricos,… =100 €
A viña e o viño,… = 100 €
PREMIO FINALISTA:
Aspectos históricos,… = 50 €
A viña e o viño,… = 50 €
3. CÓMO PARTICIPAR:
Podrán participar no concurso todas as persoas de calqueira idade e procedencia.
Cada participante podrá presentar un máximo de 3 fotografías por categoría polo que
non se aceptarán máis de 6 fotografías por persoa.
As fotografías podrán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha
cámara analóxica ou dixital.
Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós siguientes requisitos:
– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 36 cm., en color ou
en branco e negro.
– No dorso de cada fotografía deberá figurar un lema igual para o conxunto de
fotografías e o título de cada una. Nun sobre pechado co mesmo lema escrito por
fora deberán axuntar os siguientes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do
autor, a categoría, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro
de entrada nun sobre pechado a:
Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2008”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n.
36194 Barro Pontevedra
Calendario:
– A data de recepción comezará o 15 de marzo de 2008 e rematará o 15 Maio de
2008, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado
quedaran excluídos.
-Venres 16 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de
Internet http://www.barro.es durante o mes de xuño de 2008.
Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-Por un concelleiro representante de cada un dos grupos políticos do concello.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será
definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o
terceiro fin de semana do mes de xuño de 2008, (13, 14 ou 15).
4. RESTRICCIONES
-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non
sexan propiedade do autor.
-As fotografías non poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro
medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Se permitirán mínimas correccións de
color e luminosidade.
-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con
anterioridade.
-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.
O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos
los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a
favor do Concello de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras
fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o mes de xuño de 2008. Así
mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro con
referencia á Festa do Viño como na Web http://www.barro.es, sempre citando a
procedencia e autor.
-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta
convocatoria serán descalificados automaticamente.
5. XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós
participantes que pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do
Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías
durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí
expostas.

PRIMEIRA: O presente concurso denominase: “OS CONTOS QUE CONTAN”
SEGUNDA:

Poderán concorrer a este certame, calquera afeccionado que non sexa
profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario.
TERCEIRA:
Os traballos compre que sexan orixinais e inéditos, en lingua galega e terán
unha extensión mínima de:
• Para @s rapaces/as de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen
alomenos 5 ilustracións que conten unha historia.
• Para @s mozos/as de primaria o extensión será libre, tendo en conta
que deberá ter estrutura de conto, sendo requisito imprescindible que se
acompañen de ilustracións e se presenten no formato facilitado pola
organización.
• Para @s mozos/as de secundaria, a extensión e formato serán libres
sendo requisito imprescindible que presenten os traballos a dobre espazo e con
letra de imprenta.
• Para @s persoas a partir de 17, os traballos terán unha extensión e
formato libres sendo requisito imprescindible que presenten os traballos a
dobre espazo e con letra de imprenta.
CUARTA:
SUBVENCIONA : CONCELLO DE BARRO
Concederanse os participantes un pequeno agasallo, xunto con varios premios
según a categoría que corresponda (deberán recollelo, na entrega de premios)
1. Infantil: Pequeno agasallo a tódolos participantes
2. 1 Ciclo de primaria: Material didáctico e un lote de libros
3. 2 Ciclo de Primaria: Material didáctico e un lote de libros
4. 3 Ciclo de primaria: Material de didáctico e un lote de libro
5. 1 Ciclo de secundaria: Material de didáctico e un lote de libros
6. 2 Ciclo de secundaria: Material de didáctico e un lote de libros
7. De 17 a 26 anos: Material de didáctico e un lote de libros
8. De 27 en diante:Material de didáctico e un lote de libros
QUINTA:
O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do mércores 30
abril de 2008.
SEXTA:
Os orixinais presentaranse na OMIX ou na Biblioteca do Concello de Barro.
Terán que remitirse nun sobre, no que se indique na súa parte exterior a idade.
No interior da plica, consignarase o nome do autor, o seu enderezo postal e o
teléfono na parte posterior da última folla da súa obra. A remisión farase á
OMIX de Barro ( Santo Atoniño- Perdecanai nº 8 36194 Barro) ; indicando no
sobre: PARA O CERTAME “OS CONTOS QUE CONTAN”.
Coa conmemoración das LETRAS GALEGAS O 17 DE MAIO DE 2008
realizaremos a lectura e exposición dos contos, para contar coa opinión do
colectivo o que vai dirixido este certame, que se levará a cabo o venres 16 e o
sábado 17 de maio pola mañá.
SÉTIMA:
O Xurado fará público o seu fallo o día no que se falle o premio; o xoves 15 de
maio pola mañá. Os autores comprométense a acudir a esta biblioteca para
recolle-lo seu premio que se entregará o sábado 17 de Maio.
OITAVA:
A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos do autor do traballo
premiado. Nembargantes o Concello de Barro reservarase o dereito de publicar
total ou parcialmente os traballos premiados.
NOVENA:
Os traballos presentados poderanse retirar polos seus autores, previa
acreditación da súa pertenza. O prazo para retiralos caducará os 2 meses de
fallado o premio. Non responsabilizandose da perda fortuíta dalgún orixinal.
DÉCIMA:
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases, e polo
demais, o que non este previsto, estará ó que determinen os membros do
xurado.
UNDÉCIMA:
Se os traballos presentados, non reuniran a suficiente calidade, a proposta do
xurado, poderá declararse deserto o premio.
DUODÉCIMA:
O Xurado estará formado por:
• Departamentos de lingua e literatura Castela e departamento de lingua e
literatura galega do I.E.S de Barro ou persoa en quen delegue.
• Pola Concelleira de Cultura ou persoa en quen delegue.
• Representante de normalización linguística do centro de Primaria e
profesor/a de galego e literatura castelá ou persoa en quen delegue.
• Pola responsable da Biblioteca Pública do Concello de Barro.
• Actuando como secretario, o secretario do Concello de Barro.
Barro, 25 de febreiro de 2008
O Alcalde Presidente do Concello de Barro
Asdo.: José Antonio Landín Eirín

Deixar un comentario