Os veciños alagan a PO-531 de cruces e pancartas en contra da súa remodelación 20 Xaneiro 200817 Decembro 2012Barro Deixar un comentario Longas fileiras de cruces nas dúas marxes da estrada, pancartas ao longo da vía e carteis de rexeitamento nas vivendas e edificios deixan patente o desacordo dos veciños da PO-531 (a estrada de Vilagarcía) co proxecto da Consellería de Política Territorial de reformar este viario. Se fai uns días instalábanse pancartas e carteis, agora chegou a quenda das cruces, que queren pór de manifesto o temor dos veciños de que o proxecto da Xunta “ille” ás vivendas coa instalación de medianas de formigón en boa parte dos nove quilómetros entre Pontevedra e Curro (Barro). Este proxecto, que Política Territorial xustifica en razóns de seguridade viaria e de ampliación da capacidade dunha estrada con moito tránsito pesado. O seu orzamento rolda os 26 millóns de euros e obrigaría a expropiar unha trintena de edificacións (11 delas vivendas) e 700 leiras. permaneceu exposto ao público desde o mes pasado e o martes finaliza o prazo, día no que os afectados entregarán na Xunta as súas alegacións, que recollen desde fai varios días. Ademais, preparan unha manifestación nun próximo sábado. Este rexeitamento veciñal atopou eco nos grupos do BNG e do PP de Pontevedra e de Barro, os dous municipios afectados. 42.525000 -8.647222 Compartir: Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn Compartir en Tumblr (Se abre en una ventana nueva) Tumblr Compartir en Pinterest (Se abre en una ventana nueva) Pinterest Compartir en Pocket (Se abre en una ventana nueva) Pocket Compartir en Reddit (Se abre en una ventana nueva) Reddit Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir Gústame Cargando... Relacionado