Unhas setenta casas -segundo a plataforma de parroquias afectadas- son as que se verán directamente agredidas polo proxecto de ampliación da estrada de Vilagarcía, en Pontevedra e en Barro. Os veciños explican que aínda que o plan prevé a expropiación de doce vivendas, son sesenta máis as que resultarán danadas pola proximidade dos novos carriis e beiravías.
A plataforma de afectados, que une ás asociacións de veciños das parroquias de Campañó, Alba e Fachendoso, recibiu o apoio da “Fronte Veciñal” que aglutina a varios colectivos da capital, para convocar unha mobilización na mesma estrada a finais de mes. Se nun principio anunciárona para o día 19, a data podería modificarse ao coincidir en sábado.
Os motivos da manifestación son os mesmos polos que este colectivo rexeita o proxecto. Oponse a unha ampliación da estrada que supoña que asuma máis tráfico, demandan a liberación deste tramo da autoestrada AP-9 como alternativa, e urxen a construción da proxectada autovía A-57, que fará innecesaria a ampliación da estrada PO-531. Neste argumento os veciños coinciden con BNG e PP no Concello de Pontevedra (o PSOE defende o proxecto da Xunta) e con toda a corporación municipal de Barro, incluído o grupo socialista.
Os portavoces da plataforma de afectados, Manuel Corredoira, Fernando Moledo e Sabino Cancela, expuxeron onte que o proxecto previsto por Política Territorial é “daniño” para as tres parroquias, supón un agravio comparativo respecto de proxectos de urbanización de viarias similares (como os de Sanxenxo, Marín, ou as saídas da capital cara a Vigo, Santiago e Ourense), así como a “ruína” das explotacións agrarias das tres parroquias, xa que unha estrada de catro carriis “é unha barreira infranqueable para ou rural”.