Fomento adjudica el TAV entre Cerponzóns y Portela por 21 millones menos de lo previsto

O Ministerio de Fomento adxudicou as obras do tramo do tren do Eixo Atlántico de Alta Velocidade entre Cerponzóns e Portela, o último que faltaba por entrar na fase construtiva do Eixo Atlántico, por 21 millóns de euros menos do previsto. O orzamento basee de licitación era de 72,5 millóns de euros, aínda que a Dirección Xeral de Ferrocarrís contratouno por 51,3 millóns, é dicir un 30% menos do estimado polos técnicos estatais ao facer a valoración económica.
O Boletín Oficial do Estado fixo público onte estes datos, e que será a unión temporal de empresas (UTE) formada por Sacyr SA, Neopul Sociedade de Estudos e Construçoes SA e Cavosa Obras e Proxectos SA a que se encargará dos traballos. A licitación destas obras fora aprobada no Consello de Ministros o pasado mes de xullo.
Trátase dun trazado de 6,2 quilómetros de lonxitude, moi curto, xa que é unha das partes nas que se dividiu a variante Pontevedra-A Portela, que inicialmente contaba con 11,5 quilómetros e que permitirá enlazar a cidade coa denominada variante de Portas.
sermos galizanecroloxicas
voz de barrode pontevedra

Deixar un comentario