Suspendido o Combarro-Barro por ameazas dunha afeccionada

diario_pontevedra.750

O choque Combarro-Barro do pasado fin de semana foi suspendido no minuto 82 con 1-0 a decisión do arbitrocolegiado Jose Ramón Núñez. No citado minuto unha afeccionada intentou agredir ao dorsal número 12 do Barro, Roberto Beade, sen chegar a producirse. Ante esta situación, o colegiado decidiu suspender o choque.

O Carballo dá Portela xa esta automaticamente ascendido

O Carballo da portela a falta de varias xornadas para finalizar o campionato e que actualmente ocupa o terceiro posto pódese considerar como ascendido debido á diferenza de puntos que lle leva aos seus perseguidores.
Este equipo fundado no 2011 pode dicirse que leva unha carreira pletórica, xa que na súa primeira tempada consegue o ascenso e o pasado agosto se fixeron co “ll Torneo festas de Curro”, un triangular no que participaron os outros dous equipos do Concello, o Barro e o terras de Curro.
Dende este blog felicitamos a todos os xogadores, directivos e a esa numerosa afección que acompaña ao equipo en todas as súas saídas.