Expulsan ao portavoz dos afectados polas preferentes e subordinadas do Umia do Congreso dos Deputados

Esta tarde expulsaron ao portavoz dos afectados polas preferentes e subordinadas do Umia do Congreso dos Deputados e posteriormente foi entrevistado por “La Sexta”.

A plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Umia tivo hoxe representación no Congreso dos Deputados en Madrid, onde se debateu a proposición de Lei do BNG que pretendía rexeitar a quita nos aforros dos afectados por estes productos financeiros.
Alberto Pereira foi expulsado canda os demais afectados galegos que acudiron ao pleno unha vez que o PP votou en contra da iniciativa (e por tanto perseverou na súa actitude de quitarlle os aforros aos estafados), e posteriormente entrevistado polos xornalista de “La Sexta”. Aquí vos deixamos o vídeo. — en Congreso dos Deputados, Madrid.

SEXTA PREFERENTES