Aclaración dos Socialistas de Barro

Aclaración para con unha nota de prensa de un informativo dixital local. Está visto que lles gusta difamar e incluso ainda sen ter información. Temos claro que o traballo que fan ” é moi brillante “, pero tamén por eso nos fai pensar que as persoas que levan esta páxina, que ainda que algunhas se delatan soas polo seu alineamento coas ideas anti PSOE e antiBNG, emulando a outra voz como pode ser a subvencionada pola Xunta e PP. Cada cousa que neste concello se intenta facer e non a propoñen eles, teñen que manipiulala e botala abaixo, mirade que empezar a ir buscando algunhas pastillas para esa enfermidade de plaxiar todo.
Polo que se refiere a presencia de a nosa compañeira SILVIA TORRES LANDÍN como membro do comité Porvincial foi unha decisión comarcal, e non houbo ningunha exclusión ó noso secretario xeral JOSE SANMARTIN, xa que a nosa comarca lle tocaba unha muller e salvo que fixese unha operación de cambio de sexo, non podería ser. Ademais nesta agrupación a diferencia que noutras que coñezo, sobre todo no PP, tentamos facer un equipo e non crear marionetas animadas. Amigos de VOZ de Barro , sempre fostes con nos mais ou menos correctos, pero creo que desta vez, como en algunha outra buscades dende a manipulación das noticias que os veciños de Barro se confundan, pero como xa ides comprobando, engañades a ben poucos.

Con esta aclaración queremos informar que a nosa agrupación non ten fisuras e que o noso Secretario Xeral, non está en ningún caso excluído de nada.

Saúdos.

Políticos e veciños de Barro pactan as alegacións ao proxecto

Os tres grupos políticos da corporación de Barro (PP, BNG e PSOE), o presidente da Plataforma da PO-531 e os dirixentes das comunidades de montes de Curro e de Portela consensuaron o pasado luns un escrito de alegacións ao proxecto de ampliación previsto por Política Territorial. O documento recolle basicamente as suxestións xa expostas polo Bloque.

Os asinantes piden á Xunta que modifique o proxecto, cambiando a súa concepción de priorizar a circulación de vehículos por outra que humanice o viario PO-531 ao seu paso por Barro. O obxectivo é retardar o tráfico, aumentando a seguridade viaria e permitindo a máxima permeabilidade peonil coa construción de beirarrúas e zonas verdes, integrando a estrada no espazo urbano polo que discorre.

Tamén solicitan que se minimice «todo ou posible» o impacto da obra, tanto de expropiacións de vivendas como de afeccións. Suxiren que se protexa e repoña (de ser necesario) todo o patrimonio cultural afectado polo proxecto e que este se axuste ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Barro.

Finalmente, os partidos e os colectivos veciñais propón que se teña en conta como solución ao tráfico rodado de vehículos entre Vilagarcía, O Salnés e Pontevedra a posibilidade da liberación da peaxe da AP-9 entre Curro e Pontevedra.