Diversos colectivos de Barro colaborarán coa “Pontevedrada”

 PORTADA faro-de-vigo

A 72 horas para que teña lugar a “Pontevedrada 2015″, unha marcha solidaria nocturna que transcorre durante 63 quilómetros dende Pontevedra ata Santiago de Compostela a través do Camiño Portugués, e que conta con máis de 900 inscritos nesta ocasión, a sociedade de Barro implícase nesta iniciativa que atravesará o municipio na tarde noite do próximo sábado. A “Pontevedrada” trata de fomentar a doazón de órganos e ano tras ano foi aumentando o número de persoas participantes.
Un colectivo cultural, “AmigosFervenzaBarosa“, tres locais hostaleiros, Furancho do Niní, Mesón Don Polbo e Taberna Pousada do Peregrino e a panadaría Pasarín, uniron os seus esforzos para que a primeira parada “técnica” no lugar de San Amaro (Portela, Barro) para repoñer forzas, tras máis de dúas horas de camiño que fará esta marcha e que serán no concello de Barro, sexa o máis solidaria posible.
Contribuirá tamén á seguridade de máis dos xa máis de 900 inscritos, Protección Civil de Barro, que os escoltará ao seu paso polo municipio para minimizar calquera tipo de incidencia de seguridade.

Colaboración
Durante as últimas semanas ademais a AC FervenzaBarosa promoveu o envío a través de whatsapp, viber, line, e distintas redes sociais a participación.
O vicepresidente da AC, Faustino Batallán, sinalou que “renovamos novamente un ano máis a colaboración coa Pontevedrada e a súa causa no tempo e de xeito indefinido por terceiro ano, axudando na difusión e promovendo esta iniciativa solidaria no municipio de Barro“.
Tamén, poderase seguir esta marcha solidaria en “directo” a través do twitter @FervenzaBarosa e o hastag #Pontevedrada2015.
Recordar, así mesmo, que non é obrigatorio completar todo o percorrido da Pontevedrada, así como que se conta co apoio loxístico de vehículos de asistencia en ruta.
Por outro lado, a organización aconsella aos participantes levar chaleco reflectante, lanterna ou frontal e pilas de reposto, teléfono móbil cargado, bebida e alimento lixeiros, roupa de abrigo e chuvasqueiro, bastóns de trekking, calzado e calcetíns de reposto e unha pequena caixa de primeiros auxilios, ao tempo que insistiron en que o retorno a Pontevedra corre por conta de cada un dos inscritos.
Os participantes tamén farán un pequeno descanso na vila de Caldas de Reis.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/04/23/diversos-colectivos-barro-colaboraran-pontevedrada/1225987.html

diversos-colectivos-1

 

A Brilat inicia o luns unha “peregrinación” por patrullas dende Tui a Compostela as cales veremos pasar por Barro

Un total de 120 militares iniciarán este luns a súa participación no 12º Concurso p1 de Patrullas Tui-Santiago que organiza a Brilat de Pontevedra e que, como principal novidade, terán que completar en menos de 36 horas, unha redución fronte ás 48 horas que tiñan como máximo para completar os 120 quilómetros de camiño. Trátase do que o xeneral da Brilat, José Antonio Alonso, cualificou como “la prueba reina del 47º aniversario de la Brigada”.

Aos patrulleiros da Brilat sumaranse este ano varios equipos doutras unidades do Exército procedentes do Terzo Norte de Infantería de Mariña de Ferrol, a Xefatura de Tropas de Montaña de Huesca, a Brigada Paracaidista desde Madrid e, por primeira vez, unha patrulla do Mando de Canarias.

Entre os participantes nesta edición non estará a Lexión aínda que ausencia, segundop2 explicou Alonso, está “al margen” da explosión na que faleceron tres efectivos da base de Viator (Almería), pois o anuncio de que non concorrerían ao concurso de patrullas foi anterior ao incidente.

Aínda así, con respecto ao ano pasado incrementouse a participación nesta proba “abierta, reñida e intensa”, como a describiu José Antonio Alonso, que destacou que “las patrullas se esfuerzan más y hacen tiempos cada vez mejores”.

A partir da saída, o 27 de maio ás 8.00 desde o embarcadoiro de Tui, e ata a chegada dap3 primeira patrulla á praza do Obradoiro, que se calcula ao redor das 13.00 horas do día 28, a organización do concurso dividiu o itinerario en tres etapas: unha primeira ata Pontevedra, a seguinte en Padrón e a terceira en Santiago..

As dúas primeiras han de superarse en 12 horas cada unha, e a última en 10 horas. As patrullas que non cumpran eses prazos quedarán eliminadas. Entre outros motivos de descualificación, ningún grupo poderá seguir se se produce máis dunha baixa, xa que un dos obxectivos do concurso é a “fortaleza del equipo”.p5

Como proba militar, ao longo do percorrido os participantes -ataviados cos uniformes correspondentes ás súas unidades e portando un equipo regulamentario de 8 quilos- terán que ir realizando diversos exercicios: lanzamento de granadas no campo de fútbol de Pontesampaio; un percorrido topográfico no que terán que localizar varios puntos mediante fotografía aérea, compás e plano.

Na base militar Xeral Trasfogueiro de Figueirido terán lugar as prácticas de tiro dep4 precisión con fusil e o paso de pista de aplicación con varios obstáculos; seguiranlle o paso de rápel voado na ponte de Monteporreiro; dous percorridos cronometrados en zonas situadas entre Caldas de Reis e Santiago; e cruzar a nado o río Ulla en Pontecesures, que transcorrerá en horario nocturno.

A diferenza de anteriores edicións, o paso de rápel trasládase do miradoiro de Cotorredondo (en Vilaboa) a Monteporreiro (en Pontevedra) para que este exercicio non se desvíe tanto dacamiño santiago ruta do Camiño de Santiago e para favorecer que a cidadanía “pueda ir a ver” como leva a cabo este exercicio. Tamén se suprime da relación de probas o cruzamento do río Umia en Caldas con medios semipermanentes.

Os mandos da Brilat que supervisen a evolución do concurso de patrullas terán información exacta da localización de cada equipo vía GPS a través dos dispositivos electrónicos que portará o xefe de cada grupo. Nesta ocasión a Brilat dotouse de dous sistemas, Esyl e Sporident, este último utilizado polo Club de Montañeiros na realización de actividades de orientación.

Na presentación do concurso de patrullas, o comandante Molina sinalou que esta iniciativa pretende “fomentar el espíritu de sacrificio y el afán de superación” dos participantes, que deberán “superar las dificultades físicas y psicológicas” propias da proba. Para iso, tamén se medirá o “liderado” do xefe de cada patrulla. A Brilat tamén pretende así “estrechar lazos con la población civil y las instituciones” vinculadas ás localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago.

O acto de clausura do 12º Concurso de Patrullas Tui-Santiago celebrarase o 29 de maio ás 11.15 horas, coa formación militar e a entrega de trofeos aos gañadores, e a asistencia á Misa do Peregrino ao mediodía.

A Brilat inicia o luns unha “peregrinación” por patrullas dende Tui a Compostela as cales veremos pasar por Barro

Unha decena de equipos dos tres exércitos e policiais disputarán o Concurso de Patrullas Tui-Santiago para fomentar a cohesión e reforzar a identidade colectiva das Forzas Lixeiras, dar a coñecer a Brilat facendo unha exhibición de resistencia física e habilidades militares e contribuír a poñer no mapa o Camiño Portugués a Compostela. Con este triplo obxectivo a Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) “Galicia” VII organiza a undécima edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago e que se enmarca no programa de actividades conmemorativas do Aniversario da Brilat.
O concurso de patrullas reunirá, segundo as previsións da Brilat, entre dez e doce equipos dos tres exércitos e de distintos corpos policiais que disputarán as probas co obxectivo de alcanzar senón superar o récord do Batallón de Zapadores que o pasado ano cubriu a ruta en menos de 30 horas.
Os participantes teñen 48 horas de marxe para cubrir os 120 quilómetros que separan a localidade fronteiriza de Tui e Compostela e superar ata oito probas puntuables: lanzamento de granadas, percorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, pista de aplicación, paso con medios de circunstancias no río Umia, percorrido cronometrado e paso a nado do río Ulla.
Os militares estarán localizados en todo momento vía satélite, cun dispositivo de alta tecnoloxía de recente incorporación ás Forzas Armadas.