Derruban por seguridade varias naves dos antigos terreos de Avícola de Galicia en Barro

As naves dos antigos terreos de Avícola de Galicia en Barro que se atopan en peor estado están sendo derrubadas. Fontes municipais explicaron onte que por mor dun requirimento cursado polo alcalde, o popular José Antonio Landína, tras o incendio intencionado rexistrado fai uns meses nunha das edificacións, o propietario do solar solicitou licenza para demoler algunhas das estruturas.

Esta actuación realízase por motivos de seguridade, tendo en conta que hai vivendas próximas nesta zona situada na marxe esquerda da estrada N-550. As derribas nada teñen que ver coa modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) impulsada polo equipo de goberno para poder construír vivendas de baixo, dous pisos e baixo cuberta. Os terreos están catalogados como chan industrial no plan de urbanismo do 2003. ffff.jpg